Despois de unha primeira fase en 2011-12 de estudo das necesidades da poboaciónen dez comunidades do departamento de Choluteca, nos adentramos nunha segunda fase do programa en 2012-13 na que se están levando a cabo unha serie de actividades destinadas á introdución e cultivo de produtos totalmente orgánicos (preparación do solo, planificación da entrega das sementes, promoción de sistemas de almacenamento a nivel familiar...)
Ademais, deseñouse a creación dun banco de sementes no que CODDEFFAGOLF (o noso socio local que realmente traballa codo con codo coa poboación participante) intentoureunirse cos grupos implicados como a Caixa rural de Venado formado por mulleres.
ESF destina parte do seu esforzo á parte formativa e orientativa. É fundamental que os destinatarios de todos estes proxectos estean perfectamente informados para que o uso e mantemento de cada logro se poida levar a cabo coa máxima autonomía posible. É por iso que se están realizando talleres formativos centrados no fortalecemento das capacidades de CDFG para a correcta utilización dos novos sistemas de cultivo e para a redución de futuros riscos a través de plans de continxencia con enfoque de cunca.
Outras das actividades complementarias presentadasata o momento son:
- A construción de fogóns e a elaboración de unha liña de base de consumo de leña.
-O impulsode sistemas silvopastorales de ganado bovino.
- O apoio a iniciativas económicas aos grupos de mulleres pesadoras de Guamerú traballando así a perspectiva de xénero.
Seguimento dos módulos de “Lombrihumus”
Preparación de parcela na comunidade de Jiote
Galiñeiros en diferentes comunidades de Namasigüe