Fortalecemento das capacidades municipais e de organizacións de base para a planificacion e xestión pùblica da calidade da compoñente agua e saneamento nos 7 municipios da Mancomunidade Nasmar, Honduras.
Nestes días comeza a execución da Fase 4 deste proxecto que conta coa axuda da Xunta de Galicia. Temos moitas ganas de arrancar as actividades e ir contando os avances.
Con quén se traballa?
ESF xunto coa UDC colabora con dúas contrapartes hondureñas, Nasmar e Ahjasa.
Nasmar é unha mancomunidadede 7 municipios do sur de Honduras.
Ahjasa é unha asociación sen ánimo de lucro de xuntas administradoras de sistemas de agua.
Para quén é o proxecto?
Son beneficiarios directos todo o persoal das 7 municipalidades que será capacitado e empoderado para mellorar a eficiencia no traballo e a mancomunidade Nasmar como institución. Tamén capacitaranse aos nenos/as e profesores de 35 centros educativos. Un total de 3915 persoas.
Como beneficiarios indirectos atópase toda a poboación dos 7 municipios da mancomunidade, 258378 persoas.
Qué obxectivos ten o proxecto?
Para acadar o obxectivo xeral, que é ampliar o acceso a auga potable e saneamento da poboación rural mediante a xestión integrada do recurso hídrico na rexión do Golfo de Fonseca, neste proxecto vaise traballar no fortalecemento das capacidades municipais e de organizacións de base para a planificación e xestión pública de calidade do compoñente auga e saneamento.
Cánto é o orzamento?
275.335,18 € dos que 225.000 € son subvención da Xunta de Galicia.
¿Qué actividades se realizarán?
- Acompañamento aos equipos técnicos dos municipios para a apropiación das ferramentas de planificación, deseño, xestión e execución de proxectos de abastecemento de auga.
- Elaboración de manual metodolóxico para o deseño, xestión e execución de proxectos de auga nas municipalidades.
- Capacitacións temáticas para a comprensión do recurso auga a persoal técnico das municipalidades e mancomunidade Nasmar: calidade de auga, hidroxeoloxía, etc.
- Formación experta en enerxía solar para bombeo adúas persoas colaboradoras da Nasmar en proxectos de auga, e xeración de materiais básicospara odeseño de sistemas solares de bombeo.
- Compatibilización das fases de traballo de campo e tratamento da información dos plans municipais e a aplicación Fonsagua.
- Realización de propostas de integración da XIRH con enfoque de cunca e de xestión de calidade no planeamento e normativa municipais.
- Transferencia de responsabilidades para o seguemento de actuacións do PXIRH á municipalidade e sociedade civil de El Triunfo.
- Actividades de sensibilización en escolas e concurso de ideas sobre a xestión responsable do recurso auga.
- Certificación de tećnicos comunitarios de Ahjasa para cada concello.
- Xeración de ferramentas para transparencia e seguemento de resultados de proxectos de auga e saneamento.
- Intercambio de experiencias de Xestión Integral do Recurso Hídrico con enfoque de cunca.
- Fortalecemento administrativo-económico de Ahjasa.